Gran concerto o de onte en La Fabrica de Chocolate de Vigo.
Dicir que compartiron noite cos de Caldas BOAT BEAM, un trío formado por unha australiana, unha norteamericana e unha española, con aire folk, que cun intimismo meticuloso nos lembraron grupos coma Russian Red. A formación estaba composta por violonchelo, violín e guitarra(alternando acústica e eléctrica) ainda que empregaron outros instrumentos coma a melódica, pandereta e teclado. Unha pena que o ton pausado e armonioso do grupo, favoreza que por intres, se escoite máis ó público asistente, que as súas composicións
En canto ó que nos ocupa,preocupa e nos fai disfrutar, dicir, que simplemente OVERLOOK segue sendo unha banda maxestuosa; cun directo simplemente impresionante, á altura de moi poucos grupos do seu xénero. A ausencia de Montxo, un dos peros que se lle pode poñer, está perfectamente disimulada cunha gran aportación de Carlos e de Marcos. 
Rodeados dunha morea de cables que dan vida a outro tantos aparatos, capaces de sacar os máis precisos sons e efectos, para colocalos no intre xusto da canción para que esta soe basicamente preciosa. Ademáis, Beni coa súa gruitarra completa a parte intrumental, e co seu mellor instrumento, unha voz, cada vez máis madura, máis desgarradora e enteira, enche os oidos e pon banda sonora a unha película de normalmente non máis dunha hora "porque siempre es mejor que os quedeis con ganitas de más" (ainda que esta hora parece que non dura máis e 20 minutos)
Salientar a homenaxe rendida a David Carradine, recentemente finado, coa proxección de imaxes del durante o primeiro track do concerto. Proxeccións, por certo, que cada vez teñen máis ritmo, máis pofesionais, e máis espectaculares, grazas ó bo facer de Marcos.
Agardemos que nos sorprendan conalgunha data intermedia antes do 29 de outubro(La Casa de Arriba)
1 comentario:
ups, que ó final me colei, en boat beam, non usaban violín, senón viola
saúdos
Publicar un comentario